2009/10/27

> Komunikatua: 7cores > O GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE AMOSA SU INDIGNACION POLA ACTUACION DO HOMOFOBO CANTANTE XAMAICANO SIZZLA EN SANTIAGO

  • O grupo LGTB do PSdeG-PSOE amosa a sús indignación pola actuación do homófobo cantante xamaicano Sizzla en Santiago
  • 7Cores, 2009-10-27
Sizzla ten un repertorio de cancións que claman en favor da violencia contra gais, lesbianas e transexuais cunhas letras extremadamente homófobas. O grupo LGTB do PSdeG-PSOE quere denunciar ante a opinión pública a falta de sensibilidade e de respecto que suporía a actuación do cantante xamaicano Sizzla cara o colectivo homosexual e transexual. Esta actuación será o próximo venres, 30 de outubro de 2009, no contexto do “Importa Santiago DC” e organizado polo concello de Santiago.

“As súas cancións son unha clara apoloxía da violencia e atentan contra da dignidade e os dereitos de quen quere vivir en liberdade a súa preferencia sexual, así como tamén contra das leis. Polo tanto, pedimos a suspensión do concerto.

As súas cancións conteñen lindezas do tipo "mata a un maricón e síntete orgulloso" ou “Queima ós homes que o fan por detrás con outros homes… Morte ós maricas, o meu groso revolver vai disparar… Bang, bang! Morte ós maricas!”

Tras dun concerto en Alemaña no que interpretou esta peza, un mozo gai alemán foi asasinado polo que a Sizzla foille prohibida a entrada nos países do espazo Schengen. Sizzla xa tentou actuar en Barcelona e Madrid en maio do ano pasado, pero no Aeroporto de Barajas denegáronlle a entrada ó país por unha orde ditada por Alemaña.

Polo que vos pedimos a todo@s que mandedes o seguinte e-mail ás direccións que constan abaixo e que son das promotoras, do concello, da sala e tamén das empresas encargadas da venta das entradas.

Solicitamos á sala Capitol, á promotora Idearock e ó concello de Santiago a cancelacion do concerto de Sizzla Kalonji previsto para este 30 de outubro en Compostela. A celebración deste concerto suporía unha apoloxía da homofobia que atenta contra a dignidade e os dereitos das persoas homosexuais e transexuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario